lunes, 12 de enero de 2015

Jako el Muzikante "Tanye la kemane" (Mapamundi Música)

Este tema é un tema do grupo Jako el muzicante, que é unha banda formada por músicos procedentes de distintos países, como no caso de Joaquín Sánchez (Málaga): clarinete, José Luis Yagüe (Madrid), contrabaixo, Andrea Szamek (Hungría), violín, Krastyo Stoyanov (Bulgaria), percusión oriental. Wafir Shaikheldin (Sudán): Oud e acordeón.
É un estilo de musica popular, cantada en Sefardí, que é un un idioma propio .Este tema foi, xunto a moitos outros, documentados por Xurxo nos seus viaxes a Turquía e Israel.
Así di a súa carta de presentación:
Constantinopla, 1902. Nun café aman, gregos, turcos, armenios e sefardís descendetes dos xudeus expulsados de España no 1492 reúnense clandestinamente para cantar.
Entoan nun estilo oriental cancións de amor, humorísticas e outras que falan acerca da súa realidade política e social. Jako el Musikante, Jako el buscavidas, malvive cantando en vodas e en festas de bar mitzvah, ao tempo que sisa o que pode os seus compracidos e, moitas veces, embriagados clientes.
É un tema modal, nun compás de 9/8.
A estrutura da canción e a seguinte:
Empeza cun solo do percusionista,durante un longo tempo. Mentres os músicos bailan durante un tempo.
Seguidamente exponse o TEMA A, o cal se repite dúas veces. Despois aparece o TEMA B, o cal se repite tamén dúas veces. Volvese outra vez o TEMA A, onde empeza Xurxo a cantar, pasase o TEMA B onde o cantante segue cantando.
Despois deste TEMA B aparece por ve primeira o TEMA C, que segue a mesma dinámica que os dous temas anteriores, repetíndose dúas veces e sendo cantados.
Deseguido se presenta o primeiro TEMA INSTRUMENTAL, coas súas respectivas repeticións.
Volvemos a comezar coa mesma estrutura como xa se interpretou na primeira vez, TEMA A. TEMA B. TEMA C (2 bis cada un), só que desta vez a parte da letra, temos unha distinción da primeira volta co uso da pandeireta tradicional galega, que mostra unha fusión entre a formación folclórica galega de Xurxo coa musica deste proxecto.
Despois deste TEMA C aparece o SEGUNDO TEMA INSTRUMENTAL (8) e despois deste o PRIMEIRO TEMA INSTURMENTAL.
Voltase o TEMA A, TEMA B e para finalizar a peza rematamos no TEMA C, nunha cadencia perfecta.

Carlos



No hay comentarios:

Publicar un comentario