viernes, 25 de abril de 2014

John Legend - All Of Me Lyrics

Esta canción, de xénero Rythm & Blues, está composta na tonalidade de Fa m, no compás de catro por catro e mantén un tempo Adagio. Emprega os seguintes acordes: Fa (tónica), Do (dominante), Sol (supertónica), Re (IV grado) e máis La (mediante).              .
A canción comeza cuns acordes do piano, os cales se repiten varias veces, a voz empeza dun modo moi piano. A continuación comeza unha intrudiciión cara ao estribillo, con crescendo e acordes arpexiados, ata que a voz chega ao forte.
Cando comeza o estribillo pódense apreciar dúas frases iguais e unha terceira con variación, que ao rematar da paso outra vez á introducción do estribillo utilizada anteriormente.
Desta vez o crescendo é mais esaxerado e chégase ao estribillo cunha segunda voz que acompaña á voz principal. Na última frase do estribillo desaparece esta segunda voz, e escóitase soamente á voz principal cunha parte nova que non se escoitara anteriormente.
Despois desta parte nova ata agora volvese a escoitar o estribillo coa segunda voz.
Finalmente a canción remata cun diminuendo da voz e o piano.