viernes, 30 de diciembre de 2011

martes, 27 de diciembre de 2011

1º podcast do Nadal.Entre las cuerdas

Este é o primeiro podcasts que quero que escoitedes neste Nadal. Tratade de entregalo esta semana, e así non acumularedes retraso, porque dentro de tres días colgarei outro para que o fagades. Por suposto, podedes mandalo por correo, de non ser así, o recollo o primeiro día de clase.

Entre las cuerdas

cuestionario

All I Want For Christmas Is You



Mándame Paula este vídeo, xa que é unha estampa moi navideña e é unha fermosa forma de felicitarnos estas festas: All I Want For Christmas Is You de Mariah Carey, son tres irmaus mexicanos : a nena (voz) ten 10 anos, o mediano (batería e piano) 13, e o maior (baixo e guitarra) 15. Bo Nadal e Próspero Aninovo!

domingo, 18 de diciembre de 2011

If You Can´t Hang. Sleeping with Sirens

SLEEPING WITH SIRENS é un grupo americano de Post-harcore de Orlando Florida, os membros deste quinteto son :
Gabe Barham (batería)
Kellin Quinn(vocalista)
Justin Hills(baixista)
Jesse Lawson(Guitarra)ritmica
Jack Fowler(guitarra) melódica
A canción titúlase:

If You Can't Hang

Comeza coa guitarra acústica e a batería coa caixa,e despois entra o resto,a cancion antes do verso baixa en intensidade para volver a subir outra vez antes do retrouso, baixa outra vez e cando recomeza o retrouso pois sube outra vez a intensidade, a cnacion segue con esta estructura de verso retrouso verso retrouso ata chegar á pre-ponte que é doada de recoñecer porque o ritmo rallentízase e tocase con moita máis pegada (intensidade),o acabala hai unha miniparada e entón; Gabe Barham o bateria da a entrada a PONTE cun toque profundo e potente nos toms da batería e Jesse Lawson comeza a ponte con un berro gutural, despois da ponte repitese o estribillo 2 veces e a cancion acaba coa guitarra, voz e bateria redobrando no aro da caixa

Manu

A música e a memoria

Sabedes que nos gusta tratar nesta asignatura diferentes aspectos que ten a música. Na espera dos comentarios que me debedes, compártovos esta interesante noticia.

El virtuoso chelista amnésico

sábado, 10 de diciembre de 2011

Kaos Urbano






Marta

coldplay

 Paradise, coldplay




Paula

Dereitos de Autor

Sei que o proxecto dos dereitos de autor procouvos moito interese, á par que un pouco de desánimo porque quedaron moitas cousas pordicir.

Como non me vai dar tempo a subir o traballo dos vosos compañeiros antes do luns, deixovos aquí un par de definicións e un enlace ao moi interesante blog de Enrique Dans, que á par de ser un das bestas negras da SGAE é un home que intenta razoar todas as súas posicións e polo tanto é moi interesante indagar nas entradas do seu blog.



Enrique Dans



dereitos de autor
.- Son as normas xurídicas e principos que regulan os dereitos morais e patrimoniais que lle son concedidos aos autores da creación da obras literarias, artísticas, científicas ou didácticas.

Como vedes son normas que regulan os Estados; o que os xuristas dín que son normas de dereito positivo como opostas ás normas de dereito natural. E teñen un desenvolvemento histórico; a súa aparición xeralizada está vinculada ás declaracións dos dereitos humanos nas revolucións burguesas de finais do século XVIII, a revolución francesa e independenza dos EEUU. Antes dese momento existiran concesións e reservas de dereitos de edicións normalmente de obras literarias, aínda que un músico español renacentistas, Tomás Luis de Victoria, tamén quiso reservarse a edición das súas obras, e foi co tempo extendéndose a todo tipo de creacións, como poden ser as traduccións, adaptacións, ilustracións ou versións de outro tripo de creacións.

O desenvolvemento destes autores de todas formas está moi relacionado co desenvolvemento das industrías culturais, no século XIX das industrias culturais; editoriais, literarias e de partituras no século XIX e o impresionante desenvolvemento da industria cinematográfica e discográfica do século XX. 

O copyright e o termo anglosaxón, de dereitos de autor e comúnmente faise coincidir co elemento patrimonial dos dereitos autor; é dicir, coa traducción monetaria que o autor (ou os seus descendentes reciben polo uso das copias da súa creación). Evidentemente eses dereitos caducan, pero exténdense (difiere segundo as lexislacións dos paises) máis ou menos uns 70 anos despois da morte do autor. Os dereitos morais, é dicir, os de recoñecemento da autoría non caducan xamáis

Toda esta introducción, máis a vosa experiencia, lévanos a situación actual na que o sistema dos dereitos de autor entran en colisión co sistema de fluxo constante de información que é en realidade Internet, onde predomina a creación mediante o uso dos mushup. Nos entornos de internet xurdiu un termo oposto ao de copyright, que é o de copyleft.- básicamente unha licencia libre que permitiría aos demáis facer cantas copias se quixera, empregala con liberdade para facer calquera creación sempre que a mesma tivera tamén a etiqueta de copyleft.  Na práctica as licencias copyleft non poden ser revocadas, así que as normas carecen de aplicación.

Unha terceira forma de creación.- Creative Commons que como vedes no enlace da wikipedia é unha organización sen ánimo de lucro que busca novos camiños para a creatividade. O camiño ven dado por unha serie de Licencias Creative Commons, cada unha con diferentes configuracións, que permite aos atuores poder decidir o xeito no qeu a súa obra vai circular en internet, entregando liberdade para citar, reproducir, crear obras derivadas e ofrecelas públicamente, baixo certas restriccións. Habitualmente que non se empregen para crear obras baixo copyright e que os autores sexan citados. Este último límtie é o que moitas veces esquecedes cumplir, citar mencionando o autor é importante.

E para rematar, deixovos un vídeo, as citas están seleccionadas con un fín, pero é interesante ver qué dicían moitos dos autores creadores, agardo que vos guste.

sábado, 3 de diciembre de 2011

Música en el Holocausto

Déixovos o aquí o enlace co traballo dos vosos compañeiros
E aquí a lista de reproducción de youtube onde podedes ver e escoitar algunhas das obras e documentais dos que falamos na clase.


miércoles, 30 de noviembre de 2011

Sonata de Amor

Este é o primeiro libro que imos ler no nosos clube de lectura "Tempo de Ler". É o primeiro libro dunha serie que escribe Blanca Álvarez, titulado "Cuarteto de Corda". Nesta serie achégase a cuatro rapazas, estudantes de música no conservatorio de Oviedo que forman un grupo de cámara, cada unha é diferente, cada unha ten as súas inquedanzas e problemas pero acaban formando un grupo inseparable. Este primeiro libro está adicado, como non, á primeira violinista, Carmen.






Aquí tedes enlaces para coñecer máis acerca deste libro e desta serie



Primeiro capítulo

blog sobre o libro na editorial

Como xa comentamos ao falar do libro a persoaxe de Glenn Gondelier, o ultraromántico e xenial compositor da historia en flashback está libremente baseada nun dos intérpretes máis xeniais e excéntricos do século XX. Glenn Gould, mesmo nome e mesma nacionalidade. Deixovos un enlace para que o poidades coñecer.

martes, 29 de noviembre de 2011


Esta canción es de un grupo catalán de rumba (con fusiones de ska y reggae) llamado La Pegatina, que nació en el 2003. Grupo que comenzó ensayando en las vías del tren y que ahora hacen giras incluso en China. Han contado con grandes colaboraciones como la de Manu Chao, Che Sudaka, El Puchero del Hortelano, etc.

Canción de ritmo rápido y bailable, con una melodía muy simple pero que, gracias a la variedad instrumental, parece muy variada; incluso la voz es un factor muy importante que otorga más complejidad a las piezas. Este grupo suele hacer casi todas las canciones con ritmos alegres y con letras que hablen de amor, alegría o fiesta.

Os recomiendo mucho este grupo para pasar un buen momento y disfrutar de buena música española. Otros títulos que recomiendo son:
-"Muérdeme"
-"Cómo explicarte"
-"Alosque"
-"Sueños de sirena"
-"Que bonito es el amor"



María!

lunes, 28 de noviembre de 2011

Naceu o 15 de febreiro de 1978 en Seoul, Korea. É un compositor para piano que comezou a estudalo con só 5 anos na súa casa de Korea. En 1988 marchou a Inglaterra e alí, con 10 anos, graduouse en "The Pucell of Specialist Music School", Londres. Ten varios discos entre os que se atopa "First love" que é onde se atopa a peza que elixín : "Maybe". O nome de "Maybe" en español significa "Tal vez" e é unha peza que provoca sensación de hogar, de atoparte cos teus, nostalxia... A súa estructura se repite; dúas veces o mesmo patrón e despois modifica a melodía provocando unha sensación de pregunta (a parte grave) e unha resposta (a parte aguda). Elexín esta peza porque paréceme unha melodía que engancha ó comezar a escoitala. Ara-Sol

viernes, 25 de noviembre de 2011

EL SONIDO DE LAS ESFERAS

 Para realizar este trabajo sobre el sonido de las esferas he escuchado un podcast de Audiovision de la radio nacional de España. He buscado información sobre Aristóteles y otros filósofos y compositores relacionados con el sonido de las esferas. 

EL SONIDO DE LAS ESFERAS
Podcast

EL SONIDO DE LAS ESFERAS
Juan

INDICE:

1.-INTRODUCCIÓN: ARISTÓTELES Y LA EQUIVALENCIA ENTRE CONSONANCIAS MUSICALES Y DISTANCIA/MOVIMIENTO ENTRE PLANETAS.

2.-EL ECO DE LAS TEORÍAS DE ARISTÓTELES Y PLATÓN EN LA FILOSOFÍA GRIEGA.

3.-KEPLER Y GALILEO: SUS INVESTIGACIONES ENFRENTADAS A LAS IDEAS DE LA IGLESIA CATÓLICA.

4.-LA RELIGIÓN COMO FUENTE DE INSPIRACIÓN MUSICAL

5.-EL PLANETA TIERRA COMO FUENTE DE INFORMACIÓN PARA LA CREACIÓN MUSICAL.-ALGUNA CONSIDERACIÓN SOBRE EL SENTIDO DE LA MÚSICA A TRAVES DE LA HISTORIA.



Ya en la antigüedad clásica,  los filósofos intentaron establecer paralelismos entre algunos elementos que conforman la música (sonidos, intervalos, armonía…) y las reglas que rigen el universo y, en concreto, la organización de los planetas y sus relaciones. Esa comparativa llevó a algunos pensadores a afirmar que el movimiento de los cuerpos celestes debería producir algún tipo de sonido ya que aquí en la Tierra, cuerpos de mucho menor tamaño, lo producen al moverse. La observación del movimiento y las distancias que separan el sol, la luna y las estrellas, llevó a Aristóteles a afirmar en su teoría de la música de las esferas que existe una equivalencia entre las consonancias musicales y las distancias que separan a los planetas y su movimiento.




jueves, 24 de noviembre de 2011

Sonata de Amor

Tempo de ler: No club de lectura de analise musical estamos a ler "Sonata de Amor".



Aquí tedes un blog do libro para que poidades botarlle unha ollada: E achegar nos a coñecer as persoaxes creadas por Blanca Alvárez.         

A novela intercala duas historias completamente diferentes respecto á sua ambientación e estilo narrativo. Por unha banda, a historia actual de catro rapazas que forman un cuarteto de corda. Nela nárrase a complicada situación destas adolescentes que teñen que compaxinar instituto, conservatorio, amizades e aínda por riba un cuarteto.

Por outra banda, a historia de amor entre Geneveviè e Glenn Glondelier que transcorre durante a 2º Guerra Mundial, cercano ao entorno dos exiliados da Guerra Civil española.
È un amor que eles mesmos fan imposible, pois o consideran tan puro que non se debería rebaixar ao nivel do cotiá.





martes, 22 de noviembre de 2011

Fin.- premios INVI



 RTVE xustifica cada vez máis a súa función de servicio público e nos regala xoias na súa páxina web, sabedes da miña devoción por algúns dos seus podcasts. Aquí quería compartir convosco algún dos vídeos que levaron os premios INVI, a innovacións en proxectos audiovisuais, porque sei que apreciaredes a súa beleza confluido o medios audiovisuais para transmitir a música de Tchaikovski e a danza clásica


viernes, 18 de noviembre de 2011

Kery James es un rapero francés que nació el 27 de Diciembre de 1977. Desarrolló el movimiento Thug Life creado por Tupac Shakur en los años 90. Con el grupo Ideal -J- sacó tres discos, con el siguiente grupo (Mafia K'1 Fry) saco 5 y en solitario sacó otros 5. Esta cancion pertenece al cuarto disco que se publicó en 2008 y que se llama A l'ombre du Showbusiness. En esta cancion cuenta con la colaboracion de Charles Aznavour que es un gran cantante francés.
Esta canción dura 4 minutos y tiene una especie de  estribillo que es una frase dicha por Charles Aznavour ( A l'ombre du showbussines). La base tiene piano y violines que estan presentes durante toda la canción. El texto de Kery James es de gran calidad y tiene un mensaje social distinto a el de otras canciones del mismo genero.
Esta canción me gusta sobretodo por el texto ya que es muy bueno y hace pensar. El ritmo tambien me gusta ya que es muy melódico y esta muy bien hecho. 

Juan






miércoles, 9 de noviembre de 2011

¿Qué é a música?

Lembranza das definicións que traballamos na clase:

"A música non é outra cousa que un conxunto de sons salvaxes civilizados no tempo e a melodía". History of the Worthies of England (1662). Thomas Fuller.

Puntos a lembrar: Estamos no Barroco, Europa está expandíndose por todo o mundo e atopa outras músicas. A música que hai por todas partes é adecuada para a civilizada Europe por medio da melodía...

"Müsica é a conta levada a cabo por unha mente que non é conscente de que está contando" Monedoloxía (1714) G. W. Leibniz.

Puntos a lembrar: O matemáticos Leibniz insiste no fundamento matemático de calquera música que soe, no ritmo, na afinación dos sons, na cosntrucción de acordes, ao crear texturas, todo ao final o podemos reducir a números que na súa relación determinan cómo soa a música que escoitamos. Cousa da que case nuncan somos conscentes.

"É o único placer sencual exento de vicio" Samuel Johnson. Journal of a tour to the Hebrides (1785) Boswell.

Qué desfrute que nos entre polos sentidos é aceptable?

"Música é a luz da lúa na noite oscura da vida" Titan (1800-1803) Jean Paul.

A principios do século XIX, está en auxe o Romanticismo, que atopa na poesía e na música a mellor forma de expresar a súa fuxida dun mundo insatisfactorio.

"Música é a entrada incorpórea a un mundo de coñecemento elevado que comprende á humanidade pero que a humanidade non alcanza a comprender" Ludwig van Beethoven, citado por Bettina von Ainur nunha carta dirixida a Goethe (1815).

Beethoven é o primeiro gran xenio musical recoñecido como tal pola sociedade que o rodea. Estamos nos inicios do Romanticismo musical, e a música convírtese na arte que máis nos pode achegar a un mundo metafísico e polo tanto superior. Beethoven é o noso gran porteiro a esa realidade superior. "

"A música ten significado en si mesma"  The beautiful in Music (1854) Eduard Hanslick,

Os excesos románticos de dotar a música de todo tipo de significado levan ao efecto contrario. Hanslick é un dos primeiros musicólogos que avogan polo valor da música pura "per se", sen necesidade de dotalas de significados "extramusicais".

"A música é o parnaso do home pobre".- Ralph Waldo Emerson. Cartas e obxectivos suciais (1876).

Agora que parece que os dereitos sociais están en retirada, non está mal lembrar o século que veu nacer eses dereitos sociais, froito da extrema pobreza das clases proletarias das cidades. Moitos dos filósofos destes movementos, sendo conscentes do desarraigo e falta de elementos culturais deses novos cidadáns, (unha xeración antes eran campesiños coas súas propias vivencias culturais), querenlles dotar de elementos culturais e artísticos que estean ao alcance desas clases desfavorecidas, que carecen de todo e normalmente analfabetas, e atopan eses elementos na música vocal, que non precisa máis que das voces e o concurso das persoas para ser creado. O movemento coral europeo ten a súa orixe nesta concepción, e deste momento xurden moitos dos grandes orfeóns que siguen vivos actualmente.

" Música é a aritmética dos sons como a óptica é a xeometría da luz" C. Debussy (1890)

Non esquezades que Debussy, aínda que a el non lle agradara, é o fundador do impresionismo en música. O impresionismo, movemento eminentemente pictórico, xurde da descomposición da liña do debuxo, baseandose nos efectos logrados na nosa óptica por medio das cores como representación da luz. Debussy como músico como é, fai o mesmo proceso na música, desaparece a liña melódica e o concepto de movemento harmónico, e quere chegar aos noso oídos por medio das combinacións interválicas (aritméticas) dos diferentes sons.

"A música é outra dama que fala de forma encantadora e sen dicir nada". Austin O´Malley (1914)

Ao lado de tantos músicos transcendentes, algúns pretenden reducir a música a súa beleza, sen recoñecerlle ningún outro don.

"Toda a música non é máis que unha sucesión de impulsos que converxen cara un punto definido de reposo". Igor Stravinsky. Introduction to Contemporany Music (1963)

Stravinsky que é un dos grandes intelectuales da música, quere despoxar a música de calquer elemento extramusical, e nárranos que toda a música basease na capacidade para crear tensión, mediante disonancias (sons que crean tensión entre eles) até chegar a un punto onde non haxa tensión, e polo tanto provoque no público a relaxación.

"A música é arquitectura fluida do son". Roy Ellsworth Harris (1982)

Desde que á música é polifónica, é dicir, á dimensión horizontal da música engadiúselle a vertical, unha forma de explicar a relación entre os sons graves e agudos que deben estar postos de acordo para crear un todo harmónico, a comparación da música como arquitectura é constante. Os baixos (ou a batería), e o apoio onde medran os acordes da guitarra que ao mesmo tempo sosteñen a cúpula da melodía na voz. Esa arquitectura musical está constantemente en movemento (é fluida) en oposición a estática que a arquitectura dos edificios.

martes, 8 de noviembre de 2011

viernes, 4 de noviembre de 2011

When Love And Death Embrace- HIM

O compás é un 2/4 e non varía. A canción comeza co estribillo instrumental. Este estribillo baséase no patrón rítmico, que é executado polo teclado acompañado dunha guitarra moi distorsionada e o ritmo dunha batería e contrabaixo. ESte patrón se repite dúas veces. 1) Frase: A voz baséase no patrón rítmico. É acompañado pola batería, que marca o pulso, o contrabaixo, subdividindo, e un teclado realizando a función de pedal. Repítese esta frase dúas veces. 2)Estribillo: O estribillo é introducido polo útlimo motivo do patrón, do que se encarga a voz. 3)Frase: Esta vez introdúcese unha guitarra que subdivide o compás. 4)Estribillo: Acompañado coa voz, é interrompido pola ponte. 5)Ponte: Realizada pola batería, teclado e voz. 6) Estribillo x4 7)Parada: Batería e voz que repite o último motivo. 8) Final: Modifica o último motivo vocalmente e o teclado volve a funcionar de pedal. 9)Estribillo (x2): A guitarra repite o patrón con pequenas variacións (solo). O estribillo é realizado unha 8º máis aguda.  

INFORMACIÓN
Ville Hermanni Valo (Ville Valo) formou HIM en 1995. "HIM" (HIs Infernal Majesty) é recoñecida polo "Heartgram"
Símbolo que representa a unión entre o ben e o mal, o amor e a morrte,... (coma un "ying yang" moderno). O seu estilo é chamado por eles mesmos "Love Metal", unha mestura entre rock gótico, metal e alternativo. Destaca polas súas letras, que recordan a poesías do romanticismo, e polas melodías, cargadas de emotividade. As cancións son compostas por Ville, apelando sempre ao amor e a dor.
 
FORMACIÓN
Pätka- batería (Gas Lipstick) -Mige Amour-baixista (contrabaixista) -Linde- guitarra (Lily) -Emerson Buton- teclado -Ville Valo- cantante

HIM alcanzou a fama grazas a Join Me in Death. A canción pertence ao álbum "Geatsest Lovesongs vol.666". Foi un sencillo en 1999.

Videoclip:
Live Overdrive:

Más información:  http://idreamontoo.blogspot.com/2011/09/him.html
http://idreamontoo.blogspot.com/2011/09/la-muerte-abraza-al-amor.html


sábado, 29 de octubre de 2011

Melodías Ocultas

E como imaxino que estaríades "ansiosos" por case dúas semanas sen podcasts, esta é o podcast da próxima semana. Evidentemente está en relación coa materia que imos comezar a impartir a próxima semana. A data de entrega remata o luns 7 de novembro. cuestionario melodías ocultas.- podcast

Guns N´Roses- Sweet child of mine

Esta cantiga pertence o grupo Guns and Roses, este formouse en California no 1985, encanto o estilo do grupo é Hard Rock. O nome da cantiga é "sweet child of mine". Hai que mencionar que foi escrita por Alx Rose ( a voz ), para a súa antigüa noiva, nun simple servilleta dun bar. Os membros deste famoso grupo son: Izzy Stradlin ( a guitarra rítmica), Duff (o baixo), Steven Adler ( a batería) e por último o xa nomeado Alx ROse que é a voz. Encanto a extructura comeza cun riff, esto es la parte que se repite, o comezo saleull por casualidade, e dicir primero faciano de broma, pero finalmente descubrieron o seu gran valor. Por outra banda tamén hai que mencionar que a guitarra está afinada en si bemol. Manténse o estribillo e hai un minisolo, logo vólvese a repetir o estribillo máis agudo e comeza o solo principal da cantiga. A ponte e moi característica nesta cantiga porque da sensación de parada e hai que mencionar que so é o solo de guitarra. Finalmente, ofinal da cantiga a base e un estilo libre vocal acompañado po la continuación do solo. Para rematar decir que elexín esta cantiga pola forza y emoción que me transmite,logra facerme sentir ben, que na miña menté aparezan recordos fermosos, deses que te fan que un sonriso ou unha bágoa se apodere de ti. Noelia Gómez. E podemos ver a versión que fixeron os vosos compañeiros de clase, desta canción co seu grupo. A verdade é que soa estupenda.

O Universo Gótico

Me parece que na clase predomina o eclecticismo nos gustos. Gústannos moitas cousas diferentes e que en principio non teñen que ver, pero as veces é dificil afondar nas orixes de determinadas etiquetas. Atopei este reportaxe na páxina de RTVE que me pareceu moi itneresante, así que vos invito a que lle botedes unha ollada. Viaje al universo de la cultura gótica, entre el terror y la sofisticación

lunes, 24 de octubre de 2011

Análise Rítmico

Aquí tedes unha lista de reproducción con todas as pezas que están a aparecer no análise Ritmico. Na cuarta, o Cuarteto nº 3 de Bela Bartok, tedes que ir ao min 5:20 para atopar a melodía que aparece transcrita no exercicio A quinta, sonatine de Pierre Bastien non fun quen de atopala en youtube. Trataremos de tocala na clase. A Danza rumana de Bartok é a nº 6 e aparece no min. 4:03

domingo, 23 de octubre de 2011

Escuchar y Mirar

Tardei un pouco máis do que agardaba pero por fín rematei, aquí tedes os exemplos do libro que vos recomendei Escuchar y Mirar para todos aqueles que non o tedes.

sábado, 22 de octubre de 2011

Seize the Day



Seize the Day pertenece al disco City of Evil del grupo Avenged Sevenfold que fue lanzado en el año 2006 y fue escrita en memoria del padre del cantante que murió unos meses antes y decidió dedicarle la canción (aunque el vídeo solo hace mención a su mujer)
-Utiliza la progresión de acordes para ir desarrollando la historia que cuenta la canción.
-Mezcla instrumentos acústicos y eléctricos para hacer la canción más emotiva.
-Colocan un puente (solo de guitarra), justo antes de la entonación del estribillo en una tonalidad más alta, a la canción para darle más fuerza y crear una sensación de nostalgia y tristeza acompañado también con los coros del resto de la banda (Este puente podría decirse que es el clímax de la historia y posiblemente el punto más trágico)

Álvaro 1ºC Bach

lunes, 10 de octubre de 2011

Concierto en si bemol de Rieding

Escollín este concerto porque toco o violín e costoume moito poder tocar esta obra, foi moi dificil e tiven que dedicarlle o meu tempo. Pareceme moi expresiva con preguntas e respostas, que canto máis a escoitas máis te mete dentro da sonata. O poder tocala podolle comprender mellor a expresión que non se nota tanto o simplemente escoitala. Aínda que nunca logrei tocar o concerto enteiro de verdad, nin con un piano que me acompañase, sigo ca ilusión de facelo algún día. Este concerto é para violín e piano que é o acompañante pero sigue sendo o violín o protagonista. Se alguén toca o violín e toca esta canción seguro que lle gustará.

miércoles, 5 de octubre de 2011

Avenged Sevenfold-So far Away


So far away de avenged sevenfold fué escrita en memória de Jimmy "The rev" Sullivan, El exbateria del grupo que falleció. Pertenece al disco nightmare publicado en 2010. El grupo es de estilo Metalcore-Metal alternativo pero esta canción la interpretan acústicamente para expresar el sentimiento de dolor por la perdida de su amigo. La cancion está estructurada en dos partes unidas por un puento instrumental. En la primera parte habla de los buenos momentos que tuvieron todos juntos, se expresa mediante un ritmo continuo y no demasiado rápido. En la segunda parte se expresa el dolor por la perdida de su amigo, en esta parte aumenta la intensidad de la musica y aumenta la velocidad del ritmo.

sábado, 1 de octubre de 2011

Traballo para esta semana

Xa vos iredes acostumando ao longo do curso que nas fíns de semanas vouvos deixar enlaces para traballar durante a semana seguinte. Nesta ocasión non é un podcast o que imos traballar, senon que imos ver un video (agardo que vos dea menos problemas). Aquí tedes o cuestionario a contestar esta semana. Lembrade que a data de entrega remata o próximo domingo día 9 se o mandades por correo, ou ao día seguinte na clase se o entregades en papel. É unha lista de distribución composta por cinco vídeos, lembra ir pinchando os seguintes cando remates co primeiro.

miércoles, 21 de septiembre de 2011

¿Qué é o que máis nos gusta?

¿Qué é o que máis nos gusta? . Pinchade na frase para ir á páxina onde podedes escoitar o podcasts, lembrade que si alguén o prefire escoitar nun ipod ou similar, pode descargalo. Aquí tedes o cuestionario Lembrade que a data para a entrega deste cuestionario é o luns, 26 de setembro.
do picassa de Carlos Lorenzo. Dalinian Paella Está claro que podemos atopar beleza onde outros non a ven.

BENVIDOS AO CURSO 2011-2012

Todos os cursos comezan con moitas expectativas. Un pouco de medo e un pouco de ilusión. Agardemos que só o medo desapareza ao longo do curso e se colmen algunhas das expectativas. Xa tivemos a presentación na clase, aquí temos a presentación do noso espazo virtual. Arriba observade que hai un enlace que nos leva á páxina adicada a nosa asignatura onde atoparedes o primeiro exercicio do curso.

viernes, 7 de enero de 2011

Decálogo para la reflexión

Hemos dejado este blog un poco abandonado; pero creo que nos va a resultar útil si lo utilizamos para compartir algunas cosas que puedan ser interesantes para conocer, reflexionar o incluso discutir aunque no estén relacionadas con la materia de clase. Aquí os dejo un decálogo de Noam Chomsky, que me ha llegado por e-mail y que da mucho para pensar. ¿Son cosas paranoicas las que piensa Chomsky o resultan verídicas a la vista de los telediarios y los programas de televisión?