viernes, 26 de septiembre de 2014

FUSCO. BERROGÜETO









Nesta peza aparecen: violíns, un acordeón, unha guitarra acústica, unha frauta de pico, un set de percusión variada xunto con unha batería ademais de un baixo, unha arpa e un bouzuky.

O tema comeza cun ostinato do violín acompañado por un shakers. De seguido lle entra a guitarra arpexiando e o acordeón expón por primeira vez o TEMA A.

Esta unión de instrumentos de un en un fai que a dinámica vai aparecendo de menos a mais.

Cando o acordeón entra no TEMA B aparece a frauta de pico acompañándoo coa mesma melodía. Tamén se lle unen unha pandeireta, nas partes fortes do compás, e é aquí tamén, onde a guitarra cambia os acordes contrastándoos entre si cos acordes propios do TEMA A.

Faise un pequeno crescendo dinámico e de seguido entra a voz cantando os seguintes versos:

TEMA B

Non sei por qué, non sei cómo,

non sei onde, nin sei cando;

pero entre fusco e lusco,

estareite aquí agardando.

Dime por qué, dime cómo,

dime onde, dime cando;

sabes que entre fusco e lusco,

estareite aquí esperando.

Volvemos ao TEMA A repetindo case igual, so que desta vez aparece unha darbuka na percusión, o tema melódico que nun principio expuxo o acordeón, desta vez reexpono a arpa e o violín fai unha escala ascendente. Para rematar esta parte voltan a facer o mesmo crescendo dinámico de antes, so que desta vez entra con mais forza, porque aparece a batería e o baixo por primeira vez e, ademais, Guadi canta os versos que temos abaixo nunha oitava mais aguda, dándolle mais forza o tema.

Este e o punto culminante do tema, pois todos os instrumentos que aparecen nel están soando o mesmo tempo.

TEMA B

Como un paxaro sen aire

atravesando camiños,

vives no teu mundo alleo

e foxes do teu destino.

Se che canto, non me escoitas;

se te chamo, non respondes.

Non me colles, nin me deixas;

non me deixas, nin me colles.

Aquí repítese o TEMA A anterior, con todos os instrumentos. É aquí cando quedan sos os violíns, facendo a armonía, a cantante cantando mais algunhas percusións varias, durante catro compase. Na parte forte do quinto compás aparece o baixo e é cando o acordeón se lle une aos violíns para reforzar a armonía

Quítasme o sono na noite

e por moito que che diga,

acabas sempre levándome

os soños que prometías.

Non me podes ver de preto,

nin de lonxe tan sequera.

Pasas diante dos meus ollos,

como se eu non estivera.

TEMA A: Repítese sen ningún cambio.

TEMA B: Repítese sen ningún cambio.

Non sei por qué, non sei cómo,

non sei onde nin sei cando;

pero entre fusco e lusco,

estareite aquí agardando.

Dime por qué, dime cómo,

dime onde, dime cando;

sabes que entre fusco e lusco,
estareite aquí esperando

Para rematar realizan unha especie de flashback, se falásemos en termos de cine, cun crescendo volvendo o mesmo TEMA A co que empezaron a canción anteriormente.

Pois eu elixín este tema porque “OS BERROGÜTTO” son a fusión da tradición do noso pais con diversos estilos musicais, deixando así, mil posibilidades sonoras abertas; facendo que as súas composición soen elegantes, chamativas, finas e delicadas. Ademais eles foron o primeiro grupo que coñecín que me ensinaron a combinar varios estilos das artes inmateriais.

Non creo que este análise colgado na páxina da asignatura Análise musical II do instituto I.E.S Salvador de Madariaga (Masculino de A Coruña) vaia a ser visto por moitas persoas, pero aínda así gustaríame expresar que para min e unha pena que grupos coma Berrogüetto, que marcaron un antes e un despois na música, non folk se non MUSICA GALEGA feita por galegos e con instrumentos de aquí, a tal alto nivel musical se teñan que desfacer.

Máis nada, adícolle este análise a todos eles.

ARRIBA BERROGÜETTO.


Carlos Barcia Trashorras