viernes, 30 de diciembre de 2011

martes, 27 de diciembre de 2011

1º podcast do Nadal.Entre las cuerdas

Este é o primeiro podcasts que quero que escoitedes neste Nadal. Tratade de entregalo esta semana, e así non acumularedes retraso, porque dentro de tres días colgarei outro para que o fagades. Por suposto, podedes mandalo por correo, de non ser así, o recollo o primeiro día de clase.

Entre las cuerdas

cuestionario

All I Want For Christmas Is You



Mándame Paula este vídeo, xa que é unha estampa moi navideña e é unha fermosa forma de felicitarnos estas festas: All I Want For Christmas Is You de Mariah Carey, son tres irmaus mexicanos : a nena (voz) ten 10 anos, o mediano (batería e piano) 13, e o maior (baixo e guitarra) 15. Bo Nadal e Próspero Aninovo!

domingo, 18 de diciembre de 2011

If You Can´t Hang. Sleeping with Sirens

SLEEPING WITH SIRENS é un grupo americano de Post-harcore de Orlando Florida, os membros deste quinteto son :
Gabe Barham (batería)
Kellin Quinn(vocalista)
Justin Hills(baixista)
Jesse Lawson(Guitarra)ritmica
Jack Fowler(guitarra) melódica
A canción titúlase:

If You Can't Hang

Comeza coa guitarra acústica e a batería coa caixa,e despois entra o resto,a cancion antes do verso baixa en intensidade para volver a subir outra vez antes do retrouso, baixa outra vez e cando recomeza o retrouso pois sube outra vez a intensidade, a cnacion segue con esta estructura de verso retrouso verso retrouso ata chegar á pre-ponte que é doada de recoñecer porque o ritmo rallentízase e tocase con moita máis pegada (intensidade),o acabala hai unha miniparada e entón; Gabe Barham o bateria da a entrada a PONTE cun toque profundo e potente nos toms da batería e Jesse Lawson comeza a ponte con un berro gutural, despois da ponte repitese o estribillo 2 veces e a cancion acaba coa guitarra, voz e bateria redobrando no aro da caixa

Manu

A música e a memoria

Sabedes que nos gusta tratar nesta asignatura diferentes aspectos que ten a música. Na espera dos comentarios que me debedes, compártovos esta interesante noticia.

El virtuoso chelista amnésico

sábado, 10 de diciembre de 2011

Kaos Urbano






Marta

coldplay

 Paradise, coldplay




Paula

Dereitos de Autor

Sei que o proxecto dos dereitos de autor procouvos moito interese, á par que un pouco de desánimo porque quedaron moitas cousas pordicir.

Como non me vai dar tempo a subir o traballo dos vosos compañeiros antes do luns, deixovos aquí un par de definicións e un enlace ao moi interesante blog de Enrique Dans, que á par de ser un das bestas negras da SGAE é un home que intenta razoar todas as súas posicións e polo tanto é moi interesante indagar nas entradas do seu blog.



Enrique Dans



dereitos de autor
.- Son as normas xurídicas e principos que regulan os dereitos morais e patrimoniais que lle son concedidos aos autores da creación da obras literarias, artísticas, científicas ou didácticas.

Como vedes son normas que regulan os Estados; o que os xuristas dín que son normas de dereito positivo como opostas ás normas de dereito natural. E teñen un desenvolvemento histórico; a súa aparición xeralizada está vinculada ás declaracións dos dereitos humanos nas revolucións burguesas de finais do século XVIII, a revolución francesa e independenza dos EEUU. Antes dese momento existiran concesións e reservas de dereitos de edicións normalmente de obras literarias, aínda que un músico español renacentistas, Tomás Luis de Victoria, tamén quiso reservarse a edición das súas obras, e foi co tempo extendéndose a todo tipo de creacións, como poden ser as traduccións, adaptacións, ilustracións ou versións de outro tripo de creacións.

O desenvolvemento destes autores de todas formas está moi relacionado co desenvolvemento das industrías culturais, no século XIX das industrias culturais; editoriais, literarias e de partituras no século XIX e o impresionante desenvolvemento da industria cinematográfica e discográfica do século XX. 

O copyright e o termo anglosaxón, de dereitos de autor e comúnmente faise coincidir co elemento patrimonial dos dereitos autor; é dicir, coa traducción monetaria que o autor (ou os seus descendentes reciben polo uso das copias da súa creación). Evidentemente eses dereitos caducan, pero exténdense (difiere segundo as lexislacións dos paises) máis ou menos uns 70 anos despois da morte do autor. Os dereitos morais, é dicir, os de recoñecemento da autoría non caducan xamáis

Toda esta introducción, máis a vosa experiencia, lévanos a situación actual na que o sistema dos dereitos de autor entran en colisión co sistema de fluxo constante de información que é en realidade Internet, onde predomina a creación mediante o uso dos mushup. Nos entornos de internet xurdiu un termo oposto ao de copyright, que é o de copyleft.- básicamente unha licencia libre que permitiría aos demáis facer cantas copias se quixera, empregala con liberdade para facer calquera creación sempre que a mesma tivera tamén a etiqueta de copyleft.  Na práctica as licencias copyleft non poden ser revocadas, así que as normas carecen de aplicación.

Unha terceira forma de creación.- Creative Commons que como vedes no enlace da wikipedia é unha organización sen ánimo de lucro que busca novos camiños para a creatividade. O camiño ven dado por unha serie de Licencias Creative Commons, cada unha con diferentes configuracións, que permite aos atuores poder decidir o xeito no qeu a súa obra vai circular en internet, entregando liberdade para citar, reproducir, crear obras derivadas e ofrecelas públicamente, baixo certas restriccións. Habitualmente que non se empregen para crear obras baixo copyright e que os autores sexan citados. Este último límtie é o que moitas veces esquecedes cumplir, citar mencionando o autor é importante.

E para rematar, deixovos un vídeo, as citas están seleccionadas con un fín, pero é interesante ver qué dicían moitos dos autores creadores, agardo que vos guste.

sábado, 3 de diciembre de 2011

Música en el Holocausto

Déixovos o aquí o enlace co traballo dos vosos compañeiros
E aquí a lista de reproducción de youtube onde podedes ver e escoitar algunhas das obras e documentais dos que falamos na clase.