miércoles, 9 de noviembre de 2011

¿Qué é a música?

Lembranza das definicións que traballamos na clase:

"A música non é outra cousa que un conxunto de sons salvaxes civilizados no tempo e a melodía". History of the Worthies of England (1662). Thomas Fuller.

Puntos a lembrar: Estamos no Barroco, Europa está expandíndose por todo o mundo e atopa outras músicas. A música que hai por todas partes é adecuada para a civilizada Europe por medio da melodía...

"Müsica é a conta levada a cabo por unha mente que non é conscente de que está contando" Monedoloxía (1714) G. W. Leibniz.

Puntos a lembrar: O matemáticos Leibniz insiste no fundamento matemático de calquera música que soe, no ritmo, na afinación dos sons, na cosntrucción de acordes, ao crear texturas, todo ao final o podemos reducir a números que na súa relación determinan cómo soa a música que escoitamos. Cousa da que case nuncan somos conscentes.

"É o único placer sencual exento de vicio" Samuel Johnson. Journal of a tour to the Hebrides (1785) Boswell.

Qué desfrute que nos entre polos sentidos é aceptable?

"Música é a luz da lúa na noite oscura da vida" Titan (1800-1803) Jean Paul.

A principios do século XIX, está en auxe o Romanticismo, que atopa na poesía e na música a mellor forma de expresar a súa fuxida dun mundo insatisfactorio.

"Música é a entrada incorpórea a un mundo de coñecemento elevado que comprende á humanidade pero que a humanidade non alcanza a comprender" Ludwig van Beethoven, citado por Bettina von Ainur nunha carta dirixida a Goethe (1815).

Beethoven é o primeiro gran xenio musical recoñecido como tal pola sociedade que o rodea. Estamos nos inicios do Romanticismo musical, e a música convírtese na arte que máis nos pode achegar a un mundo metafísico e polo tanto superior. Beethoven é o noso gran porteiro a esa realidade superior. "

"A música ten significado en si mesma"  The beautiful in Music (1854) Eduard Hanslick,

Os excesos románticos de dotar a música de todo tipo de significado levan ao efecto contrario. Hanslick é un dos primeiros musicólogos que avogan polo valor da música pura "per se", sen necesidade de dotalas de significados "extramusicais".

"A música é o parnaso do home pobre".- Ralph Waldo Emerson. Cartas e obxectivos suciais (1876).

Agora que parece que os dereitos sociais están en retirada, non está mal lembrar o século que veu nacer eses dereitos sociais, froito da extrema pobreza das clases proletarias das cidades. Moitos dos filósofos destes movementos, sendo conscentes do desarraigo e falta de elementos culturais deses novos cidadáns, (unha xeración antes eran campesiños coas súas propias vivencias culturais), querenlles dotar de elementos culturais e artísticos que estean ao alcance desas clases desfavorecidas, que carecen de todo e normalmente analfabetas, e atopan eses elementos na música vocal, que non precisa máis que das voces e o concurso das persoas para ser creado. O movemento coral europeo ten a súa orixe nesta concepción, e deste momento xurden moitos dos grandes orfeóns que siguen vivos actualmente.

" Música é a aritmética dos sons como a óptica é a xeometría da luz" C. Debussy (1890)

Non esquezades que Debussy, aínda que a el non lle agradara, é o fundador do impresionismo en música. O impresionismo, movemento eminentemente pictórico, xurde da descomposición da liña do debuxo, baseandose nos efectos logrados na nosa óptica por medio das cores como representación da luz. Debussy como músico como é, fai o mesmo proceso na música, desaparece a liña melódica e o concepto de movemento harmónico, e quere chegar aos noso oídos por medio das combinacións interválicas (aritméticas) dos diferentes sons.

"A música é outra dama que fala de forma encantadora e sen dicir nada". Austin O´Malley (1914)

Ao lado de tantos músicos transcendentes, algúns pretenden reducir a música a súa beleza, sen recoñecerlle ningún outro don.

"Toda a música non é máis que unha sucesión de impulsos que converxen cara un punto definido de reposo". Igor Stravinsky. Introduction to Contemporany Music (1963)

Stravinsky que é un dos grandes intelectuales da música, quere despoxar a música de calquer elemento extramusical, e nárranos que toda a música basease na capacidade para crear tensión, mediante disonancias (sons que crean tensión entre eles) até chegar a un punto onde non haxa tensión, e polo tanto provoque no público a relaxación.

"A música é arquitectura fluida do son". Roy Ellsworth Harris (1982)

Desde que á música é polifónica, é dicir, á dimensión horizontal da música engadiúselle a vertical, unha forma de explicar a relación entre os sons graves e agudos que deben estar postos de acordo para crear un todo harmónico, a comparación da música como arquitectura é constante. Os baixos (ou a batería), e o apoio onde medran os acordes da guitarra que ao mesmo tempo sosteñen a cúpula da melodía na voz. Esa arquitectura musical está constantemente en movemento (é fluida) en oposición a estática que a arquitectura dos edificios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario