sábado, 1 de octubre de 2011

Traballo para esta semana

Xa vos iredes acostumando ao longo do curso que nas fíns de semanas vouvos deixar enlaces para traballar durante a semana seguinte. Nesta ocasión non é un podcast o que imos traballar, senon que imos ver un video (agardo que vos dea menos problemas). Aquí tedes o cuestionario a contestar esta semana. Lembrade que a data de entrega remata o próximo domingo día 9 se o mandades por correo, ou ao día seguinte na clase se o entregades en papel. É unha lista de distribución composta por cinco vídeos, lembra ir pinchando os seguintes cando remates co primeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario