jueves, 24 de noviembre de 2011

Sonata de Amor

Tempo de ler: No club de lectura de analise musical estamos a ler "Sonata de Amor".



Aquí tedes un blog do libro para que poidades botarlle unha ollada: E achegar nos a coñecer as persoaxes creadas por Blanca Alvárez.         

A novela intercala duas historias completamente diferentes respecto á sua ambientación e estilo narrativo. Por unha banda, a historia actual de catro rapazas que forman un cuarteto de corda. Nela nárrase a complicada situación destas adolescentes que teñen que compaxinar instituto, conservatorio, amizades e aínda por riba un cuarteto.

Por outra banda, a historia de amor entre Geneveviè e Glenn Glondelier que transcorre durante a 2º Guerra Mundial, cercano ao entorno dos exiliados da Guerra Civil española.
È un amor que eles mesmos fan imposible, pois o consideran tan puro que non se debería rebaixar ao nivel do cotiá.





No hay comentarios:

Publicar un comentario