Mostrando entradas con la etiqueta folk. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta folk. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de septiembre de 2014

FUSCO. BERROGÜETO









Nesta peza aparecen: violíns, un acordeón, unha guitarra acústica, unha frauta de pico, un set de percusión variada xunto con unha batería ademais de un baixo, unha arpa e un bouzuky.

O tema comeza cun ostinato do violín acompañado por un shakers. De seguido lle entra a guitarra arpexiando e o acordeón expón por primeira vez o TEMA A.

Esta unión de instrumentos de un en un fai que a dinámica vai aparecendo de menos a mais.

Cando o acordeón entra no TEMA B aparece a frauta de pico acompañándoo coa mesma melodía. Tamén se lle unen unha pandeireta, nas partes fortes do compás, e é aquí tamén, onde a guitarra cambia os acordes contrastándoos entre si cos acordes propios do TEMA A.

Faise un pequeno crescendo dinámico e de seguido entra a voz cantando os seguintes versos:

TEMA B

Non sei por qué, non sei cómo,

non sei onde, nin sei cando;

pero entre fusco e lusco,

estareite aquí agardando.

Dime por qué, dime cómo,

dime onde, dime cando;

sabes que entre fusco e lusco,

estareite aquí esperando.

Volvemos ao TEMA A repetindo case igual, so que desta vez aparece unha darbuka na percusión, o tema melódico que nun principio expuxo o acordeón, desta vez reexpono a arpa e o violín fai unha escala ascendente. Para rematar esta parte voltan a facer o mesmo crescendo dinámico de antes, so que desta vez entra con mais forza, porque aparece a batería e o baixo por primeira vez e, ademais, Guadi canta os versos que temos abaixo nunha oitava mais aguda, dándolle mais forza o tema.

Este e o punto culminante do tema, pois todos os instrumentos que aparecen nel están soando o mesmo tempo.

TEMA B

Como un paxaro sen aire

atravesando camiños,

vives no teu mundo alleo

e foxes do teu destino.

Se che canto, non me escoitas;

se te chamo, non respondes.

Non me colles, nin me deixas;

non me deixas, nin me colles.

Aquí repítese o TEMA A anterior, con todos os instrumentos. É aquí cando quedan sos os violíns, facendo a armonía, a cantante cantando mais algunhas percusións varias, durante catro compase. Na parte forte do quinto compás aparece o baixo e é cando o acordeón se lle une aos violíns para reforzar a armonía

Quítasme o sono na noite

e por moito que che diga,

acabas sempre levándome

os soños que prometías.

Non me podes ver de preto,

nin de lonxe tan sequera.

Pasas diante dos meus ollos,

como se eu non estivera.

TEMA A: Repítese sen ningún cambio.

TEMA B: Repítese sen ningún cambio.

Non sei por qué, non sei cómo,

non sei onde nin sei cando;

pero entre fusco e lusco,

estareite aquí agardando.

Dime por qué, dime cómo,

dime onde, dime cando;

sabes que entre fusco e lusco,
estareite aquí esperando

Para rematar realizan unha especie de flashback, se falásemos en termos de cine, cun crescendo volvendo o mesmo TEMA A co que empezaron a canción anteriormente.

Pois eu elixín este tema porque “OS BERROGÜTTO” son a fusión da tradición do noso pais con diversos estilos musicais, deixando así, mil posibilidades sonoras abertas; facendo que as súas composición soen elegantes, chamativas, finas e delicadas. Ademais eles foron o primeiro grupo que coñecín que me ensinaron a combinar varios estilos das artes inmateriais.

Non creo que este análise colgado na páxina da asignatura Análise musical II do instituto I.E.S Salvador de Madariaga (Masculino de A Coruña) vaia a ser visto por moitas persoas, pero aínda así gustaríame expresar que para min e unha pena que grupos coma Berrogüetto, que marcaron un antes e un despois na música, non folk se non MUSICA GALEGA feita por galegos e con instrumentos de aquí, a tal alto nivel musical se teñan que desfacer.

Máis nada, adícolle este análise a todos eles.

ARRIBA BERROGÜETTO.


Carlos Barcia Trashorras

sábado, 31 de mayo de 2014

ARIFA Anatolian Alchemy

Este grupo está composto por un pianista, un clarinetista (que utiliza un clarinete turco), un laudista que utiliza un laude árabe (Mais un pedal Bass-Boss, que serve de oitavados,para facer de baixo no resto da obra) e un percusionista que se axuda de pandeiro tradicionais árabes, pandeiretas, pratos etc
Este tema empeza co solo punteado do laude acompañado polos efectos sonoros do percusionista e por unhas notas que da o pianista.
En canto o laudista da a ultima nota o pianista xa empeza co primeiro tema melódico, e é acompañado polo percusionista, ata que na quinta repetición deste tema lle entran o clarinete e o laude con outro tema melódico por enriba (tema descendente). Na repetición deste tema o laude faille ao clarinete unha terceira por enriba.
Voltan a cambiar de tema (desta vez ascendente), repíteno ata que fan unha parada en seco e dan a entrada o laude e o clarinete ao mesmo tempo e a percusión e o piano entran xunto cos dous instrumentos anteriores en anacruse ata que finaliza nun (Sib) prolongada polo clarinetista mentres que os outros instrumetistas seguen a tocar por baixo desta liña melódica. Esta parte repítena dúas veces, fan unha breve parada e volta a repetir o mesmo parte rítmica e melodicamente outras dúas veces, ata que o clarinetista da o sinal para entrar noutra nova parte (Pregunta resposta) voltan e repítena, só que desta vez conclúe o clarinetista nun (Sib) e larga a que o pianista, para non facer que o oínte caia na monotonía, añádelle un (Arpexio) e prosigue coa primeira frase melódica de todas mentres que o clarinetista improvisa sobre esta. Van aumentando na intensidade e na dinámica ata que entra a improvisación do pianista.
Todo volve a primeira frase melódica, so que desta vez, temos un aumento da dinámica e do rítmo. Voltan a parte B da peza ata que rematan  nunha cadencia imperfecta.

Carlos.




martes, 11 de marzo de 2014

“I WILL WAIT - (”Mumford & Sons)

   I will wait é unha canción da banda folk-rock británica Mumford & Sons. Está en DoM, segue case sempre un mesmo ciclo de acordes: C F C G (do fa do sol).
 A canción comeza cunha forte introducción de todos os instrumentos: guitarra, banjo, teclado, contrabaixo, batería e violíns (nalgunhas versións).
    Intro: Lam Mim2  - C F C G (x2)
Acto seguido, todos os instrumentos paran e só queda soando a guitarra acústica, é neste momento no que Marcus Mumford comeza a cantar, acompañado dunha segunda voz.
No comenzo da 2ª estrofa (“these days of dust”) volve introducirse o contrabaixo, e é ao comezo da 3ª estrofa cando se introducen novamente o banjo e o teclado (pero dunha forma máis suave ca no principio).
A canción xoga coas baixadas e subidas antes do primero estribillo. Parece que ao introducírense os intrumentos vai en aumento, en crescendo, pero novamente todo párase e durante uns segundos a canción volve á suavidade. Neste momento soa a voz de Marcus como único instrumento, repitindo: “I will wait for you
                                                                                I will wait for you”  (x2)
Explota repitindo o acorde de Do catro veces. A continuacion a canción segue no seu xogo de subidas e baixadas da velocidade; xusto antes do estribillo a velocidade baixa, pero o ritmo segue sendo a mesmo. A guitarra e o banjo collen importancia, introdúcese a pandeireta. Os outros instrumentos volven a coller forza, e hai unha nova instroducción de trompeta e trombón. Isto da paso ao estribillo:
                 “I WILL WAIT, I WILL WAIT FOR YOU” (x4)
Ao rematar o estribillo, vai a un tono menor no que só soan a guitarra, a voz, o teclado e un coro. Ao pasar unha estrofa, introdúcense casi sen notarse o contrabaixo, o banjo e a pandeireta.
De novo a canción vai en crescendo, nun momento volven a participar todos os intrumentos dando como unha especie de introducción ó estribillo final.
E por último soa o estribillo repetindo 4 veces “I will wait, i will wait for you”, con moitísima forza e potencia.


Para rematar, gústame esta canción polo feito de que cada vez que a escoito síntome ben, faime ver como se despois do malo sempre haberá algo bo, porque incluso nos momentos de menos forza transmite esperanza e alegría. Tamén a escollín porque é un dos meus grupos favoritos, e encántame o banjo.

Letra:



I came home
Like a stone
And I fell heavy into your arms
These days of dust
Which we've known
Will blow away with this new sun

And I'll kneel down
Wait for now
And I'll kneel down
Wait for now

And I will wait, I will wait for you. (2x)

So break my step
And relent
You forgave and I won't forget
Know what we've seen
And him with less
Now in some way
Shake the excess

And I'll kneel down
Wait for now
And I'll kneel down
Know my ground

And I will wait, I will wait for you. (4x)

Now I'll be bold
As well as strong
Use my head alongside my heart
So take my flesh
And fix my eyes
That tethered mind free from the lies

And I'll kneel down
Wait for now
And I'll kneel down
Know my ground
And I'll kneel down
Wait for now

Raise my hands
Paint my spirit gold
And bow my head
Keep my heart slow

And raise my hands
Paint my spirit gold
And bow my head
Keep my heart slow

And I will wait, I will wait for you. (4x)



                                                                                





Raquel