lunes, 18 de mayo de 2015

aCadaCanto en Carboeiro - Coplas de estrelas




A cada canto e un grupo formado por catro persoas Guadalupe  Galego (Voz), Xabier Díaz (voz), Xose Lois Romero (Acordeón) e Guillerme Fernández (Guitarra) que nace pola necesidade de copar un mercado que ata a súa chegada estaba baleiro no mercado da música galega.
Nace no 2010 e esta formado por integrantes de varios dos grupos mais coñecidos do panorama da música folk en Galicia.
O tema comeza cunhas notas do acordeonistas e , na repetición destas entra a guitarra cuns acordes arpexiados. Despois comeza a cantar a voz masculina o verso e cando chegan o estribillo o acordeón pasa a facer acordes.
Repítese o mesmo tema so que desta vez canta a voz feminina ata chegar o estribillo, que o repiten dúas voces (feminina e masculina).
Despois van a A´, onde soan as dúas voces simultaneamente mentres a guitarra acompaña armónicamente a melodía que está a facer o acordeón.
Logo disto ven a CODA final que remata nun versos recitados acompañados.

Neste vídeo que presento vese esta canción interpretada por eles nun concerto que deron no mosteiro de Carboeiro (Silleda, Pontevedra)

No hay comentarios:

Publicar un comentario