viernes, 26 de abril de 2013

Fantasía en re m. W. A. Mozart



Podemos afirmar que en 1782, ano no que escribe a Fantasía en re menor, Mozart se encontra en plena madureza. O Nadal de 1781 participou, no que hoxe poderiamos denominar unha competición pianística, ante o Emperador. O seu rival foi Clementi. Deste enfrontamento, Mozart saíu triunfante e a súa fama como pianista e improvisador alcanzou altas cotas de popularidade. A causa disto é requirido para concertos, recibe encargos, consegue traballo como profesor e contempla o futuro con optimismo, en definitiva convértese nun músico de moda.
O seu " Período de madureza 1782-1791", unha etapa de nove anos, ata a súa morte, nos que Mozart compón expresando máis sentimentos e imprimindo a súa música un carácter máis persoal. Durante este período Mozart realiza os seus ideais de músico libre a custa da súa estabilidade e da súa propia saúde, que ao final dos seus días lle levarán á ruína e á morte. Os comezos desta etapa, son anos de esplendor nos que se instala en Viena. A súa posición permítelle vestir á moda, vivir nunha casa espazosa, realizar festas de disfraces, tan de moda na alta sociedade da época, recibir encargos e ofrecer concertos.


Segundo testemuños dos seus contemporáneos Mozart foi un excelente improvisador no piano. Dos seus concertos públicos eran comentados os momentos nos que se transfiguraba nada mais sentarse ante o teclado e comezaba a fantasiar e crear variacións sobre temas dados
Neste contexto esta enmarcada a fantasía en re menor.
A propia forma " fantasía", esta relacionada coa ausencia de rigor estrutural e polo tanto co elemento improvisatorio. A obra esta dividida en varias seccións diferentes entre si en canto ao ritmo e ao carácter.
Os recursos compositivos utilizados por Mozart son os utilizados na improvisación:
acordes analizados en arpexos lentos,escalas,arpexos de 7ª,pequenas cadencias,silencios,caldeiróns etc.,
Todo iso enmarcado nunha escritura que transmite a liberdade de execución que a peza require


A obra foi publicada en Viena en 1804 polo Bureau d´Art et industrie.
Ao manuscrito da primeira edición faltábanlle os dez últimos compases.
Por este motivo, hoxe en día mantense a edición que publicou Breitkopf en 1806 co engadido suplementario, escrito probablemente por A.E. Müller.
E unha obra clásica non relixiosa, a cal estilisticamente recolle influencias da música de Bach e Haëndel debido a que, neste ano, Mozart estivo en contacto directo coa obra destes mestres barrocos.



O principio, cada un dos tres movementos iniciais, eran vistos como algo separado e autónomo. Cada idea temática parecía radicalmente diferente á anterior, tanto na armonía, ritmo armónico,la textura e o temperamento melódico. Para facilitar la comprensión,proporcionase unha visión xeral temática de cada sección .
O análise desta fantasía sería o seguinte: Comezaremos señalando a tonalidade rem , e comeza cun andante que  fai de “introducción”, na que se atopan compoñentos que van dar lugar a características dos movementos sucesivos.
A continuación de dar un la final tan significativo na “introducción” pasamos segundo movemeto, Adagio en rem, neste temos que distinguir un primeiro tema (a) 1-8 compases, a continuación puente, 9-11.. 12-16 correspóndese co primeiro tema (b). Dende os compases 18-22 volve o primeiro tema (a), e no 23 destaca unha cadencia.
Dende o 24-26 de novo un puente, transportado un tono máis abaixo que o puente anterior.
27-32, o tema (B) que nos leva a solm, rematando no 33 cunha cadencia. E logo de novo o tema A que nos leva de novo a tónica.
O terceiro movemento é un allegreto en ReM, no que debemos dintinguir as siguientes seccions:
Dende o compás 1-8 Segundo tema (a), desde 9-16 o segundo tema (b), 16-32 un segundo tema c, vinculado a A, e un segundo tema (a) con variación e concluindo.
33-53 podemos consideralo unha coda final.
Para concluir, señalar os motivos polos que elexín esta obra. Para empezar, porque é unha das obras que estou estudando, e creo que o seu nome a define perfectamente.
Consigue crear un ambiente máxico e envolver tanto o intérprete como o espectador debidos aos grandes cambios de dinámina e intensidade que a conforman.
A tremenda sensibilidade que Mozart agochaba detrás desas notas e polas distintas versions de interpretación que acolle esta obra, xa que Mozart deixou a porta aberta a cada quen para que elixira “voar” a sua maneira.
Un dato da versión que escollín, e que desde o meu punto de vista debería esperar máis o final das seccións, deixar que a música sonase un pouco máis antes de empezar cun novo tema.
Noelia

No hay comentarios:

Publicar un comentario