viernes, 1 de marzo de 2013

Negro caravel – Rosa Cedrón e Cristina Pato


Xa que o pasado 24 de febreiro foi o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, aproveito para exponer “Negro Caravel”, un dos poemas que se engloban este poemario.

Negro Caravel é unha canción interpretada por Rosa Cedrón (voz) e Cristina Pato (piano), acompañadas da orquestra e Bratislava. 

Rosa cedrón naceu en Morforte de Lemos no ano 1972. É unha cantante e violocelista galega, coñecida por ser a voz de Luar na Lubre durante nove anos, así como en colaborar en discos de músicos da talla de Mike Olfield. A súa vocación dende nena foi o cello, pertenceu á Orquesta de Cámara Municipal da Coruña e máis tarde foi profesora de música en Ferrol. Con Luar na Lubre, Rosa tivo un amplo labor durante nove anos: actuou nos millores escenarios, gravou varios discos e recolleu premios de reconocemento da súa música. No 2005 decide comezar a súa carreira en solitario e publica o seu primeiro disco “Entre dous mares” (2007) Máis tarde, no ano 2010 saca un disco con Cristina Pato.

Cristina Pato naceu en Ourense no ano 1980 (33 anos). É unha gaiteira e pianista galega que sacou o seu primeiro disco aos 18 anos, e convertiuse na primeira muller gaiteira galega en sacar un disco. Cristina obtivo a titulación superior de piano, a titulación superior de teoría da música, transporte e acompañamento e a titulación superior de música de cámara, todas elas no conservatorio Superior de Música do Liceo de Barcelona. Deu mais de 400 concertos en España, India, Portugal, Reino Unido, Francia, Italia, Alemania, México e Estados Unidos.

Actualmente reside en Nova Iorque.

Estas dúas artistas galegas xuntáronse para facer un disco chamado “SOAS”. É un proxecto que pretende acercar música clásica a tódolos públicos e demostrar a audiencia máis esixente que a tradición galega está dotada dun rexistro tan amplo que permite a incorporación de elementos orquestrais dun modo natural e homoxéneo. Dito doutro modo, unen o mundo músical clásico e o popular galego, salientando a característica de que a muller é a gran protagonista.

A canción fala da traición e desengano hacia o amor dunha muller por parte de seu amado. Como ben dixemos antes, son versos da poetisa galega Rosalía de Castro, incluidos na súa obra “Cantares Gallegos”

O vídeo comeza cunha introducción da orquesta. Despois a segue Cristina co piano e un acordeón facendo un ritmo de tango. A vocalista ( Rosa) comeza a cantar acompañada por toda a orquesta. Comeza outra vez a orquesta soa co piano facendo as melodías dos violíns e do piano. Queda só o piano, despois os violíns e volven comezar a cantar Rosa. Como antes hai moitas intervencións de diferentes instrumentos como a frauta, os violíns e máis tarde o piano. O final é moi delicado e déixanos cun “bo sabor de boca”.




No hay comentarios:

Publicar un comentario