sábado, 12 de mayo de 2012

Over the rainbow



Over the rainbow (en inglés Sobre el arcoiris) é, xunto a Singing in the Rain, unha das cancións máis representativas do cine estadounidense. Foi interpretada por primeira vez por Judy Garland. É o tema máis recordado da película El mago de Öz. O autor da música foi Harold Arlen e o da letra Yip Harburg.
A súa letra e melodía foron unha fonte de inspiración para moitos.
A canción considerouse en numerosas ocasións unha das máis grandes do século XX.
Garland escribiu sobre esta canción a Arlen:
«Over the Rainbow se ha convertido en parte de mi vida. Simboliza tan bien los deseos y sueños de la gente que estoy segura de que ése es el motivo por el que la gente llora cuando la oye. La he cantado cientos de veces y sigue siendo la canción que llevo más cerca del corazón.»
Centos de cantantes grabaron ou cantaron en vivo as súas propias versións de “Over the Rainbow”, entre eles:
Beyoncé, Céline Dion, Elvis Presley, Guns N' Roses, Il Divo, Jason Mraz, Leona Lewis, Louis Armstrong, Mägo de Oz, The Piano Guys, entre outros.

The piano guys.
A versión que imos a escoitar é dun dúo de músicos americanos: Jon Schmidt e Steven Sharp Nelson. Fixéronse famosos a través de YouTube, no que publicaron vídeos e cancións populares acompañadas de clips de vídeo aparentemente profesionais. En decembro do 2011 lanzaron o seu primeiro álbum.
Jon toca o piano e Steven toca o cello, tanto o clásico coma o eléctrico.
Na maioría das súas cancións graban varias pistas de audio que se mesturan ao final. En ocasións, superpóñense os vídeos das pistas de audio anteriores para dar impresión de que moitos instrumentistas idénticos están tocando á vez.

Análise da canción.
- A letra fala do marabilloso que é o mundo, de que os soños poden facerse realidade, dos sentimentos de amor e amizade que saen das persoas…
- A versión deste grupo encántame xa que, aínda que non haxa letra, e por tanto, unha voz que nos chegue a transmitir o significado da canción, basta con ver como disfrutan estos músicos ao interpretala. Ademais, a ausencia de voz súplese co cello, que para o meu gusto é un instrumento moi expresivo, capaz de transmitir moito sentimento, polo que moitos considérano o instrumento máis parecido á voz humana.
- No vídeo mestúranse moitas sensacións: a música, os pés descalzos na auga, o son das olas do mar… todo esa paisaxe natural que inspira libertade.
- A canción comeza (en Do M) cunha breve introdución do cello, que o toca como si fose unha guitarra, e logo únese unha segunda pista (do mesmo músico) que é onde comeza a melodía en si. Máis tarde únese o piano, precedido dunha entrada que lle da o seu compañeiro tocando o cello coma se fose un instrumento de percusión. Fan a mesma melodía os dous xuntos, onde o piano ten un papel máis de acompañante , pero máis tarde interpreta un pequeno solo (tamén en Do M) e a continuación seguen tocando xuntos. De cara ao final, no minuto 2.45, fan como unha especie de reexposición ou “coda final”, na que cambia a tonalidade á Dominante Maior (Sol M). O cello segue levando a “voz cantante”, e o piano fai semicorcheas ascendente e descendentemente como acompañamento. Todo soa moito máis magnificado e cheo que antes, e o contraste entre esta última melodía e a melodía principal faino ver co cambio de escenario natural: da praia á montaña.

Paula

No hay comentarios:

Publicar un comentario