viernes, 6 de abril de 2012

Les Jours Tristes.- Yann Tiersen





"Os días tristes";
O seu autor é Yan Tiersen, un músico e compositor Francés, que naceu o 23 de xuño (1970), en Brest-Francia.
En 2001 publicou "Absente" albúm ó cal pertence "Les yours Tristes", (sale na banda sonora de Amelie), e quizais este foi o seu disco máis producido, pola cantidade de instrumentos que complementan a canción.
Centrándonos un pouco na vida de Yan hai que destacar qe estudou violoncelo, piano e logo composición, pero tamén posúe unha gran técnica no acordeón, no violín e na guitarra eléctrica, todo isto convírteo nun multiinstrumentista virtuoso.
Na súa adolescencia foi influenciado polo rock e a chanson, chegando a ter un grupo de rock e no conservatorio foi influenciado pola música clásica, esta mestura e a base esencial da súa música, chegando a compaxinar e unir o rock instrumental con partituras clásicas.
Analizando a canción atopámonos con que está en sol m e os acordes utilizados son : sol m , mi b, fa, e si b.
Algo moi destacable e ritmo 3/4.
No comezo soa un clarinete e o instrumento máis importante francés o acordeón, que sin duda e o protagonista nesta canción francesa, logo vánselle unindo os cascabeis, o vibráfono, o banjo, a mandolina, triángulos, campanillas, e logo aparecen os violíns, e finalmente tocan todos xuntos.
Logo soa o acordeón e unha especia de caixa como acompañamento rítmico , soan os violíns e volven sar todos xuntos.
En conclusión elexín esta cancion francesa porque a melodía desborda fantasía, alegría e ganas de vivir, e decir polo optimismo que transmite, e pola cantidade de instrumentos que a forman, aínda que o que máis destaca e a mestura e complexidade de un son tan otimista cunha letra tan deprimente.



Noelia

No hay comentarios:

Publicar un comentario