miércoles, 9 de noviembre de 2011

¿Qué é a música?

Lembranza das definicións que traballamos na clase:

"A música non é outra cousa que un conxunto de sons salvaxes civilizados no tempo e a melodía". History of the Worthies of England (1662). Thomas Fuller.

Puntos a lembrar: Estamos no Barroco, Europa está expandíndose por todo o mundo e atopa outras músicas. A música que hai por todas partes é adecuada para a civilizada Europe por medio da melodía...

"Müsica é a conta levada a cabo por unha mente que non é conscente de que está contando" Monedoloxía (1714) G. W. Leibniz.

Puntos a lembrar: O matemáticos Leibniz insiste no fundamento matemático de calquera música que soe, no ritmo, na afinación dos sons, na cosntrucción de acordes, ao crear texturas, todo ao final o podemos reducir a números que na súa relación determinan cómo soa a música que escoitamos. Cousa da que case nuncan somos conscentes.

"É o único placer sencual exento de vicio" Samuel Johnson. Journal of a tour to the Hebrides (1785) Boswell.

Qué desfrute que nos entre polos sentidos é aceptable?

"Música é a luz da lúa na noite oscura da vida" Titan (1800-1803) Jean Paul.

A principios do século XIX, está en auxe o Romanticismo, que atopa na poesía e na música a mellor forma de expresar a súa fuxida dun mundo insatisfactorio.

"Música é a entrada incorpórea a un mundo de coñecemento elevado que comprende á humanidade pero que a humanidade non alcanza a comprender" Ludwig van Beethoven, citado por Bettina von Ainur nunha carta dirixida a Goethe (1815).

Beethoven é o primeiro gran xenio musical recoñecido como tal pola sociedade que o rodea. Estamos nos inicios do Romanticismo musical, e a música convírtese na arte que máis nos pode achegar a un mundo metafísico e polo tanto superior. Beethoven é o noso gran porteiro a esa realidade superior. "

"A música ten significado en si mesma"  The beautiful in Music (1854) Eduard Hanslick,

Os excesos románticos de dotar a música de todo tipo de significado levan ao efecto contrario. Hanslick é un dos primeiros musicólogos que avogan polo valor da música pura "per se", sen necesidade de dotalas de significados "extramusicais".

"A música é o parnaso do home pobre".- Ralph Waldo Emerson. Cartas e obxectivos suciais (1876).

Agora que parece que os dereitos sociais están en retirada, non está mal lembrar o século que veu nacer eses dereitos sociais, froito da extrema pobreza das clases proletarias das cidades. Moitos dos filósofos destes movementos, sendo conscentes do desarraigo e falta de elementos culturais deses novos cidadáns, (unha xeración antes eran campesiños coas súas propias vivencias culturais), querenlles dotar de elementos culturais e artísticos que estean ao alcance desas clases desfavorecidas, que carecen de todo e normalmente analfabetas, e atopan eses elementos na música vocal, que non precisa máis que das voces e o concurso das persoas para ser creado. O movemento coral europeo ten a súa orixe nesta concepción, e deste momento xurden moitos dos grandes orfeóns que siguen vivos actualmente.

" Música é a aritmética dos sons como a óptica é a xeometría da luz" C. Debussy (1890)

Non esquezades que Debussy, aínda que a el non lle agradara, é o fundador do impresionismo en música. O impresionismo, movemento eminentemente pictórico, xurde da descomposición da liña do debuxo, baseandose nos efectos logrados na nosa óptica por medio das cores como representación da luz. Debussy como músico como é, fai o mesmo proceso na música, desaparece a liña melódica e o concepto de movemento harmónico, e quere chegar aos noso oídos por medio das combinacións interválicas (aritméticas) dos diferentes sons.

"A música é outra dama que fala de forma encantadora e sen dicir nada". Austin O´Malley (1914)

Ao lado de tantos músicos transcendentes, algúns pretenden reducir a música a súa beleza, sen recoñecerlle ningún outro don.

"Toda a música non é máis que unha sucesión de impulsos que converxen cara un punto definido de reposo". Igor Stravinsky. Introduction to Contemporany Music (1963)

Stravinsky que é un dos grandes intelectuales da música, quere despoxar a música de calquer elemento extramusical, e nárranos que toda a música basease na capacidade para crear tensión, mediante disonancias (sons que crean tensión entre eles) até chegar a un punto onde non haxa tensión, e polo tanto provoque no público a relaxación.

"A música é arquitectura fluida do son". Roy Ellsworth Harris (1982)

Desde que á música é polifónica, é dicir, á dimensión horizontal da música engadiúselle a vertical, unha forma de explicar a relación entre os sons graves e agudos que deben estar postos de acordo para crear un todo harmónico, a comparación da música como arquitectura é constante. Os baixos (ou a batería), e o apoio onde medran os acordes da guitarra que ao mesmo tempo sosteñen a cúpula da melodía na voz. Esa arquitectura musical está constantemente en movemento (é fluida) en oposición a estática que a arquitectura dos edificios.

martes, 8 de noviembre de 2011

viernes, 4 de noviembre de 2011

When Love And Death Embrace- HIM

O compás é un 2/4 e non varía. A canción comeza co estribillo instrumental. Este estribillo baséase no patrón rítmico, que é executado polo teclado acompañado dunha guitarra moi distorsionada e o ritmo dunha batería e contrabaixo. ESte patrón se repite dúas veces. 1) Frase: A voz baséase no patrón rítmico. É acompañado pola batería, que marca o pulso, o contrabaixo, subdividindo, e un teclado realizando a función de pedal. Repítese esta frase dúas veces. 2)Estribillo: O estribillo é introducido polo útlimo motivo do patrón, do que se encarga a voz. 3)Frase: Esta vez introdúcese unha guitarra que subdivide o compás. 4)Estribillo: Acompañado coa voz, é interrompido pola ponte. 5)Ponte: Realizada pola batería, teclado e voz. 6) Estribillo x4 7)Parada: Batería e voz que repite o último motivo. 8) Final: Modifica o último motivo vocalmente e o teclado volve a funcionar de pedal. 9)Estribillo (x2): A guitarra repite o patrón con pequenas variacións (solo). O estribillo é realizado unha 8º máis aguda.  

INFORMACIÓN
Ville Hermanni Valo (Ville Valo) formou HIM en 1995. "HIM" (HIs Infernal Majesty) é recoñecida polo "Heartgram"
Símbolo que representa a unión entre o ben e o mal, o amor e a morrte,... (coma un "ying yang" moderno). O seu estilo é chamado por eles mesmos "Love Metal", unha mestura entre rock gótico, metal e alternativo. Destaca polas súas letras, que recordan a poesías do romanticismo, e polas melodías, cargadas de emotividade. As cancións son compostas por Ville, apelando sempre ao amor e a dor.
 
FORMACIÓN
Pätka- batería (Gas Lipstick) -Mige Amour-baixista (contrabaixista) -Linde- guitarra (Lily) -Emerson Buton- teclado -Ville Valo- cantante

HIM alcanzou a fama grazas a Join Me in Death. A canción pertence ao álbum "Geatsest Lovesongs vol.666". Foi un sencillo en 1999.

Videoclip:
Live Overdrive:

Más información:  http://idreamontoo.blogspot.com/2011/09/him.html
http://idreamontoo.blogspot.com/2011/09/la-muerte-abraza-al-amor.html


sábado, 29 de octubre de 2011

Melodías Ocultas

E como imaxino que estaríades "ansiosos" por case dúas semanas sen podcasts, esta é o podcast da próxima semana. Evidentemente está en relación coa materia que imos comezar a impartir a próxima semana. A data de entrega remata o luns 7 de novembro. cuestionario melodías ocultas.- podcast

Guns N´Roses- Sweet child of mine

Esta cantiga pertence o grupo Guns and Roses, este formouse en California no 1985, encanto o estilo do grupo é Hard Rock. O nome da cantiga é "sweet child of mine". Hai que mencionar que foi escrita por Alx Rose ( a voz ), para a súa antigüa noiva, nun simple servilleta dun bar. Os membros deste famoso grupo son: Izzy Stradlin ( a guitarra rítmica), Duff (o baixo), Steven Adler ( a batería) e por último o xa nomeado Alx ROse que é a voz. Encanto a extructura comeza cun riff, esto es la parte que se repite, o comezo saleull por casualidade, e dicir primero faciano de broma, pero finalmente descubrieron o seu gran valor. Por outra banda tamén hai que mencionar que a guitarra está afinada en si bemol. Manténse o estribillo e hai un minisolo, logo vólvese a repetir o estribillo máis agudo e comeza o solo principal da cantiga. A ponte e moi característica nesta cantiga porque da sensación de parada e hai que mencionar que so é o solo de guitarra. Finalmente, ofinal da cantiga a base e un estilo libre vocal acompañado po la continuación do solo. Para rematar decir que elexín esta cantiga pola forza y emoción que me transmite,logra facerme sentir ben, que na miña menté aparezan recordos fermosos, deses que te fan que un sonriso ou unha bágoa se apodere de ti. Noelia Gómez. E podemos ver a versión que fixeron os vosos compañeiros de clase, desta canción co seu grupo. A verdade é que soa estupenda.

O Universo Gótico

Me parece que na clase predomina o eclecticismo nos gustos. Gústannos moitas cousas diferentes e que en principio non teñen que ver, pero as veces é dificil afondar nas orixes de determinadas etiquetas. Atopei este reportaxe na páxina de RTVE que me pareceu moi itneresante, así que vos invito a que lle botedes unha ollada. Viaje al universo de la cultura gótica, entre el terror y la sofisticación

lunes, 24 de octubre de 2011

Análise Rítmico

Aquí tedes unha lista de reproducción con todas as pezas que están a aparecer no análise Ritmico. Na cuarta, o Cuarteto nº 3 de Bela Bartok, tedes que ir ao min 5:20 para atopar a melodía que aparece transcrita no exercicio A quinta, sonatine de Pierre Bastien non fun quen de atopala en youtube. Trataremos de tocala na clase. A Danza rumana de Bartok é a nº 6 e aparece no min. 4:03