O compás é un 2/4 e non varía. A canción comeza co estribillo instrumental. Este estribillo baséase no patrón rítmico, que é executado polo teclado acompañado dunha guitarra moi distorsionada e o ritmo dunha batería e contrabaixo. ESte patrón se repite dúas veces.
1) Frase: A voz baséase no patrón rítmico. É acompañado pola batería, que marca o pulso, o contrabaixo, subdividindo, e un teclado realizando a función de pedal. Repítese esta frase dúas veces.
2)Estribillo: O estribillo é introducido polo útlimo motivo do patrón, do que se encarga a voz.
3)Frase: Esta vez introdúcese unha guitarra que subdivide o compás.
4)Estribillo: Acompañado coa voz, é interrompido pola ponte.
5)Ponte: Realizada pola batería, teclado e voz.
6) Estribillo x4
7)Parada: Batería e voz que repite o último motivo.
8) Final: Modifica o último motivo vocalmente e o teclado volve a funcionar de pedal.
9)Estribillo (x2): A guitarra repite o patrón con pequenas variacións (solo). O estribillo é realizado unha 8º máis aguda.
INFORMACIÓN
Ville Hermanni Valo (Ville Valo) formou HIM en 1995. "HIM" (HIs Infernal Majesty) é recoñecida polo "Heartgram"
Símbolo que representa a unión entre o ben e o mal, o amor e a morrte,... (coma un "ying yang" moderno).
O seu estilo é chamado por eles mesmos "Love Metal", unha mestura entre rock gótico, metal e alternativo.
Destaca polas súas letras, que recordan a poesías do romanticismo, e polas melodías, cargadas de emotividade. As cancións son compostas por Ville, apelando sempre ao amor e a dor. FORMACIÓN
Pätka- batería (Gas Lipstick)
-Mige Amour-baixista (contrabaixista)
-Linde- guitarra (Lily)
-Emerson Buton- teclado
-Ville Valo- cantante
HIM alcanzou a fama grazas a Join Me in Death.
A canción pertence ao álbum "Geatsest Lovesongs vol.666". Foi un sencillo en 1999.
No hay comentarios:
Publicar un comentario