A cada canto e un grupo formado por catro persoas Guadalupe Galego (Voz), Xabier Díaz (voz), Xose Lois Romero (Acordeón) e Guillerme Fernández (Guitarra) que nace pola necesidade de copar un mercado que ata a súa chegada estaba baleiro no mercado da música galega.
Nace no 2010 e esta formado por integrantes de varios dos grupos mais coñecidos do panorama da música folk en Galicia.
O tema comeza cunhas notas do acordeonistas e , na repetición destas entra a guitarra cuns acordes arpexiados. Despois comeza a cantar a voz masculina o verso e cando chegan o estribillo o acordeón pasa a facer acordes.
Repítese o mesmo tema so que desta vez canta a voz feminina ata chegar o estribillo, que o repiten dúas voces (feminina e masculina).
Despois van a A´, onde soan as dúas voces simultaneamente mentres a guitarra acompaña armónicamente a melodía que está a facer o acordeón.
Logo disto ven a CODA final que remata nun versos recitados acompañados.
Neste vídeo que presento vese esta canción interpretada por eles nun concerto que deron no mosteiro de Carboeiro (Silleda, Pontevedra)