Este grupo está composto por un pianista, un clarinetista (que utiliza un clarinete turco), un laudista que utiliza un laude árabe (Mais un pedal Bass-Boss, que serve de oitavados,para facer de baixo no resto da obra) e un percusionista que se axuda de pandeiro tradicionais árabes, pandeiretas, pratos etc
Este tema empeza co solo punteado do laude acompañado polos efectos sonoros do percusionista e por unhas notas que da o pianista.
En canto o laudista da a ultima nota o pianista xa empeza co primeiro tema melódico, e é acompañado polo percusionista, ata que na quinta repetición deste tema lle entran o clarinete e o laude con outro tema melódico por enriba (tema descendente). Na repetición deste tema o laude faille ao clarinete unha terceira por enriba.
Voltan a cambiar de tema (desta vez ascendente), repíteno ata que fan unha parada en seco e dan a entrada o laude e o clarinete ao mesmo tempo e a percusión e o piano entran xunto cos dous instrumentos anteriores en anacruse ata que finaliza nun (Sib) prolongada polo clarinetista mentres que os outros instrumetistas seguen a tocar por baixo desta liña melódica. Esta parte repítena dúas veces, fan unha breve parada e volta a repetir o mesmo parte rítmica e melodicamente outras dúas veces, ata que o clarinetista da o sinal para entrar noutra nova parte (Pregunta resposta) voltan e repítena, só que desta vez conclúe o clarinetista nun (Sib) e larga a que o pianista, para non facer que o oínte caia na monotonía, añádelle un (Arpexio) e prosigue coa primeira frase melódica de todas mentres que o clarinetista improvisa sobre esta. Van aumentando na intensidade e na dinámica ata que entra a improvisación do pianista.
Todo volve a primeira frase melódica, so que desta vez, temos un aumento da dinámica e do rítmo. Voltan a parte B da peza ata que rematan nunha cadencia imperfecta.Carlos.